RECORDANDO A LORIGA EN EL ANIVERSARIO DE SU MUERTE


El día 18 de Julio de 2014, hace 87 años, que el aviador Loriga sufrió un accidente en el aeródromo de Cuatro Vientos de Madrid, probando una avioneta francesa,  ocasionándole tan graves heridas que falleció. Para conmemorar  esta desgraciada fecha he recuperado el  articulo “DESPERTA, HOMERO” que publicó el escritor y jornalista Manuel García Barros (“Ken Keirades”), el 25 de Julio de 1927, en el periódico “El Emigrado” de la Estrada, recordando que a los gallegos el 18 de Julio de 1927 se nos fue  Loriga, “alá se foi Loriga”, el inmortal gallego, el héroe que con sus proezas recordó las grandes gestas de los antiguos argonautas. Hacía pocos días que sus hermanos de la Lalín  lo habían recibido cubierto de gloria y con los ojos abiertos y ahora lo recibieron también cubierto de gloria pero con los ojos cerrados para siempre. Corta fue su vida pero le llegó para llevar triunfante el nombre de Lalin a tierras lejanas. Después de muerto le dio a sus paisanos cuanto le podía dar: sus restos gloriosos, que fueron enterrados en la iglesia del Corpiño.

Monumento a Loriga en Lalín

Monumento a Loriga en Lalín

-DESPERTA, HOMERO-

Alá se vai Loriga, o inmortal galego, o héroe que reviveu nos nosos tempos as proezas dos tempos heróicos, as xestas dos antigos arganautas. Alá se vai Loriga. Xa fica enloitada a resprandecente estrela que presiden as suas fazañas xigantescas, como fican enloitados os corazóns dos seus hirmans da Terra que fai inda poucos días bateron regocixantes co-a vesita do seu héroe feita pol-os camiños do ár por il abertos, como fica enloitada a y-alma de Galicia que se abreu enteira para recibir o seu fillo cuberto de groria e cos ollos abertos, e que logo se abreu enteira para recibilo tamen cuberto de groria, pero ¡ay!, cos ollos para sempre cerrados.

Alá se vai Loriga. Curta foi a sua vida, pero chegoulle para levar trunfante o nome de Galicia por enriba dos mares lonxanos, por enriba das apartadas costas, por enriba dos ingratos desertos, por nunca abertos vieiros, d’un cabo a outro cabo de mundo. Curta foi a sua vida; pero chegoulle para culminare en fegura representativa da Terra. Cando un galego s’alcontre en calquer banda do Praneta, que a todal-as bandas do Praneta chegan os galegos, e sexa perguntado pol-a su aterra, poderá decir con argulo: Son de Galicia. E poderá non ser entendido. E seguirá decindo: Son da terra de Rosalia, da terra de Curros, da terra de Cabanillas, de Conceución Arenal, do Padre Feixóo … E poderá inda non ser entendido, porque non todos están ó tanto da cultura dos pobos. E d’aquela engadiralle: Son da terra de Franco, da terra de Loriga, ¿saben? da terra de Loriga. E destonces, si que será entendido, e ademais d’entendido respetado por ser da terra na que tales homes nacen. D’aquí o deber e a comenencia de que nonremos debidamente as feguras salentes que prestixian o nome da Terra.

Atrevida foi a empresa de Franco. Mais atrevida foi a de Loriga. O aparato de Franco, feito para pousarse no mar, por riba de mar voou, mar surcado por xentes da mesma raza e da mesma fala con quen poderia entenderse se as circuntancias o requerían. Loriga podía cair no mar ou na terra, n-un vale ou n-un deserto, entre xente cevilizada que o auxiliara ou  entre salvaxes que poderian descuartízalo, de dendo logo, entre xentes de diferentes razas e de destintos idiomas. Cando una avería do aparato o fixo aterrizar en Tintaklos, tivo que entenderse co-aquelas xentes por meio de dibuxos feitos co lápiz para saber onde había telégrafo, e un viaxe que entendeu era de duas horas, resultou que era de vint’é tantas e tivo que facelo a pé, a maor parte de noite quedandolle os zapatos no camino, e comendo non sei que cras de mexunxe. Se grande foi a proeza de Franco, grande, mais grande, foi a de Loriga.

O seu fondo agarimo pol-a Terra, demostrouno Loriga facéndoa participe dos seus trunfos, vindo a ver os seus peisanos do millor xeito que podía vir: voando; e logo, dempois de morto, dándolle canto podía darle: os seus restos groriosos.

¡Miña Virxe do Corpiño! Aunque xa vai a conta larga ainda ben che me acorda. Alá fun con miña agoa que quería levar os seus netos una, ves a todl-os sitios. Ainda ma cordo da noite de parrandeo e mal durmir, e de cómo na ilesia berraban homes e mulleres cal si o demo as entranas lles returcera. Ainda vexo aquela costa que subin xa canso de tanto camiñar para chegar a tua hermida; e que acaba de subir tamen Loriga camino da eternidade, cuberto de frores refrescadas en bágoas que lle botaban as mozas da Terra.

¡Miña Virxe do Corpiño! dend’agora queda enriquecido o teu patrimonio co-as cinzas do héroe e poderán ter un dobre ouxeto a pelegrinaxe ó teu Santuario.

¡Miña Virxe do Corpiño! Pol-a ley que che tivo na vida e na norte fai que da tua hermida e do seu panteón sailan bendicións para Galicia para que teñan fin cumprido as arelas dos bos galegos.

¡Protexe os bos e xenerosos, miña Virxe do Corpiño!

                                                                                                                        ……………………………….

Alá se vai Loriga, o héroe noso, o que reviveu nos nosos tempos as proezas dos tempos heróicos, os grandes feitos dos antigos argonautas.

¿En que lira soarán as suas proezas?

Desperta, Homero, que soilo ti poderás cantálas.

No día de Galicia, 25 de Sant-Iago de 1927

                                                                               Manuel  García Barros

Antonio Vidal Neira. Madrid, 3-7-2014

PUBLICADO EN FARO DE VIGO, EL 21-7-2014

Anuncios

Un pensamiento en “RECORDANDO A LORIGA EN EL ANIVERSARIO DE SU MUERTE

  1. Felicidades Sr. Neira por sacar a la luz tanta información sobre la comarca de Deza y sus destacados personajes. Sus muchas horas de archivos y su experiencia nos regalan cada poco tiempo los logros de sus constantes busquedas e investigaciones. Cecilia Doporto

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s